Lolo Penas e Esther Navarrete, vencedores na Carreira do Pavo

Grande ambiente do Nadal na LI Edición do Gran Premio Pedestre do Nadal celebrado na mañá de hoxe en Vigo.
A carreira resultou unha vez máis entreñable para todos os participantes e publico en xeral que se achegou para ver a gran cantidade de participantes que houbo nas diversas categorias.
O vencedor absoluto foi Lolo Penas, seguido de Alejandro Fernandez e José A. Ramallo
En mulleres Esther Navarrete conseguiu o premio “gordo” sendo segunda a portuguesa Rafaela Almeida e en terceira posición Solange Pereira.

Coa disputa desta edición finaliza as probas na cidade olivica ata o proximo ano, desexando a todos os unhas moi Felices Festas e que o proximo ano nos traia a todos saúde e que todos os nosos desexos se cumpran. Resultados

Compartir: