Resultados

Carreira Pedestre do Nadal

Sobre un percorrido de 8.500m celebrouse unha nova edición da Carreira Pedestre do Nadal no concello de San Cibrao das Viñas. As 12 da mañá ó carón das piscinas municipais de Ponte Noalla deuse a saída con perto de 500 participantes. Os atletas da categoría absoluta tiñan que dar duas voltas, unha pequena e outra grande para chegar a liña de meta situada no mesmo lugar. A victoria decantouse para o atleta de Xinzo de Lima Rubén Díaz, pertencente nesta tempada á Sociedade Gimnástica de Pontevedra con un tempo de 26:41. Na segunda posición entrou o mediofondista Victor Rioboo do Team New Balance por diante do outro atleta da Sociedade Gimnástica de Pontevedra Iván Docampo. Nas féminas clara victoria da tudense Leticia Fernández do Ria de Ferrol aventaxando en mais de dous minutos á veterana Isabel Saez do Atletismo A Estrada. Na terceira posición a tamén veterana Sonia Teijeiro do clube Atletas Veteranos de Ourense.

Compartir: