II Xornadas Técnicas Nacionais sobre Deporte en Idade Escolar

LigazónNo Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña terá lugar o vindeiro venres día 14 de decembro unha importante acción formativa para profesionais do deporte, especialmente para técnicos e estudantes que traballen no deporte en idade escolar.

As xornadas organizadas por Sportis. Formación Deportiva en colaboración co Concello da Coruña e distintas institucións, abarcarán un total de 9 conferencias sobre distintos eixes temáticos: a conferencia de apertura correrá a cargo do Secretario Xeral para o Deporte D. José Ramón Lete quen amosará os novos programas de actividade física no curso 2012/13. Posteriormente será o presidente da FGA quen impartirá unha conferencia sobre os aspectos clave do adestramento da forza en nenos. Mariano García Verdugo impartirá unha conferencia sobre os principios do adestramento de resistencia. María Dolores González indagará sobre o control da ansiedade e estrés en cativos. D. Eduardo Pereira exporá as bases da estructura e organización deportiva escolar. O profesor da Universidade de Santiago Rubén Navarro analizará a prevención de lesións e accidentes, mentres que os profesores da Universidade de Vigo, Roberto Barcala e Jose Luis García Soidán analizarán as estratexias dun deporte educativo e as bases da nutrición deportiva en nenos, respectivamente. Pechará o acto o profesor Víctor Arufe que indagará sobre as posibles causas do abandono deportivo en idade escolar, dende un punto de vista reflexivo e crítico.

O prazo de inscrición remata o vindeiro luns día 10 de decembro. Tódolos adestradores galegos afiliados á EGA teñen un desconto na matrícula. Máis información en www.sportis.es

Compartir: