Nunha fria mañá que non impediu o bo ambiente na grada e nas pistas, celebrouse a II Fase da Liga Escolar en Pista Cuberta. Ante a imposibilidade de realizarse no Módulo de Ourense a xornada tivo que ser realizada nas pistas de Balaídos en Vigo. A I Xornada celebrada no Pazo dos Deportes na Coruña facía presaxiar unha gran participación e unha dura loita por subir ó podium. As probas a celebrarse en esta segunda fase foron os 50m, o lanzamento de peso e a lonxitude en categoría benxamín, os 60m, o peso e a lonxitude en alevin e o programa mais completo para os infantis que disputaron os 60m, 60mv, peso, triplo, pértega e lonxitude.Os vencedores na categoria benxamin foron Victor de la Torre (San Narciso) e Carlota Del Estal (Franciscanos) no peso, Pedro Verdeal (Vila de Cangas) e Lucía Sanchez (Franciscanos) na lonxitude e Eduardo Parcero (Vila de Cangas) e Victor de la Torre (San Narciso) os dous co mesmo tempo e Sara Mallo (Vila de Cangas) nos 50m. Nos alevíns victoria para Iván Mingotes (AVA) e Nuria Villa (Vila de Cangas) no peso, Aarón Domínguez e Ariadna Gil, os dous do Vila de Cangas, na lonxitude e co mesmo tempo Iván Mingotes repetiría victoria con Alvaro Broullón (San Narciso) e Sandra Souto (Vila de Cangas) nos 60m. Xa no infantis, no peso venceron Mar Pérez (AVA) e Nicolás García (San Narciso), na lonxitude Adrián Outeriral (Vila de Cangas) e Olaia BEcerril (AVA), nos 60m valados victoria para dous atletas do AVA, Anxo Pérez e Eva Queimaño.Tamén doblete no triple, esta vez para os atletas do Vila de Cangas Alejandro Mariño e Saray Amoedo. Nos lisos os gañadores foron Javier Toucedo (AVA) e victoria compartida para Lucía Cardesín (San Narciso ) e Olaia Becerril (AVA). No salto con pértega a victoria foi para a atleta do San Narciso Tania Carballo. Despois de celebradas tódalas probas e sumando os puntos da primeira xornada os vencedores nesta I Liga Escolar foron Vila de Cangas en benxamin homes e Franciscanos nas mulleres. Os Franciscanos subiron tamén o mais alto do podium en alevin e infantil homes, sendo o Vila de Cangas en alevin e o AVA en infantil as millores.