Resultados

Dúas galegas ao Campionato de Europa de Campo a Traves

A RFEA seleccionou á atleta júnior do Val Miñor, Jenny Fernandez Masso para disputar o Campionato de Europa de Campo a Través a celebrar o proximo dia 9 en Budaspet.
Tambien estará presente na cita europea a xuíz arbitro nacional Loreto Pérez Román que acompañará á expedición.

A FGA considera, tras valorar os criterios aplicados polos responsables interinos do Comité Técnico da RFEA, en escrito enviado a estes, que “non se fixo xustiza” con Esther Navarrete, en especial cando se analiza as “confrontacións directas” entre as atletas implicadas, sendo ela “a gran perxudicada”. Todo isto “dende o respeto polas decisións”. Sen dúbida a excelente atleta galega sabrá sobrepoñerse.
Dende a FGA, felicitamos ambas as dúas por este éxito deportivo e desexamos unha moi boa actuación

Compartir: