Ana Peleteiro e Lardo Moure na Gala do Centenario da IAAF

A atleta do Barbanza Ana Peleteiro e o seu adestrador Lardo Moure vestironse de gala para asistir á celebración da Federación Internacional de Atletismo (IAAF) que se celebrou en Barcelona o pasado sábado. Na Gala presidida polo princípe Alberto de Mónaco e acompañado polo presidente da IAAF Lamine Diack entregaronse os premios aos millores atletas mundiais do ano.

A xoven saltadora, como Campeona do Mundo Junior en triple, e Lardo Moure foron testigos directos de como o velocista xamaicano Usain Bolt, pentacampeón mundial e seis veces campeón olímpico e a estadounidense Allyson Félix, tricampeona olímpica en Londres 2012 recollían os seu galardóns.Ana fotografiouse con Usain Bolt

Compartir: