Resultados

NOTA ACLARATORIA DE ANA PELETEIRO SOBRE AS SÚAS DECLARACIÓNS EN ROLDA DE PRENSA

A raiz das últimas declaracións de Ana Peleteiro, publicadas en distintos medios informativos, a campioa mundial júnior, remite a seguinte nota aclaratoria:
Ana Peleteiro Brión, desexa manifestar o seu máis absoluto rexeitamento ás declaracións realizadas sobre o comportamento dos xuíces galegos de atletismo, e mostrales respecto polas súas actuacións e decisións no ámbito deportivo.
Estes comentarios son desculpables debido á miña inexperiencia en manexar este tipo de entrevistas, a presión mediática, e ser menor de idade.
Foi un erro, e pido desculpas por iso.

Compartir: