Publicada a composición provisional da Asemblea da Real Federación Española de Atletismo

Trala xornada de votacións que tivo lugar onte nas distintas comunidades autónomas a RFEA publicou no día de hoxe o listado de candidatos nos distintos estamentos elexidos como membros da Asemblea Xeral de forma provisional, á espera de adquirir o carácter definitivo. En Galicia abríronse 4 mesas electorais sitas en Vigo, A Coruña, Lugo e Ourense. Maila que a participación nas votacións foi baixa os votos emitidos foron suficientes para elexir aos candidatos nos estamentos de xuíces, atletas, clubes e adestradores. No estamento de atletas Francisco Durán e José Fernandez Nieves acadaron 8 votos, frente os 4 votos para Paula Mayobre e Lorena Luaces.Nos clubes, a votación quedou establecida da seguinte forma: Atletismo Femenino Celta 8 votos, Ourense Atletismo 3 votos, Comesaña Sporting Club 4 votos, ADAS 8 votos,Real Club Celta Atletismo 8 votos, Ria de Ferrol 6 votos e Sociedad Gimnástica 6 votos. No estamento de adestradores os adestradores con maiores votos en Galicia foron Ramón Cid e Miguel Vélez con 9 votos, e no trocante aos xuíces Dolores Rojas foi a que tivo máis número de votos con 27 apoios a súa candidatura, nestes dous últimos estamentos serán elexidos 14 e 10 candidatos respectivamente. No seguinte enlace podes consultar o resultado das votacións a nivel nacional(CLICK AQUI) A FGA desexa agradecer a tódolos compoñentes das distintas mesas electorais celebradas en Galicia pola súa colaboración altruista e desinteresada.

Compartir: