Lolo Penas e Sara Pinho vencedores na XXXV Carreira Pedestre de Santiago

Como xa ben sendo habitual co cambio de hora celebrou-se a XXXV Carreira Pedestre Popular de Santiago. Nunha mañá fresca e soleada ás 10:30 deu-se a saída na Avenida Xoán XXIII na que corredores federados e populares estaban dispostos a dar boa conta dos 12.000m. Dende o ínicio un grupo comandado polo atleta do Ourense Academia Postal Alejandro Fernández xunto co seu compañeiro Manuel Hurtado, Lolo Penas, Akka Essaadaoui e Carlos Villamor xunto cos portugueses Bruno da Silva e Miguel Ribeiro poñían metros por diante dos seus rivais. O final o atleta de Arzúa gañaba o sprint ó ourensán como revancha da proba de Vigo+11 . Lolo Penas entraba na Praza da Quintana con un tempo de 35.53 aventaxando a Alejandro Fernández en tan só dous segundos. Na terceira posición o atleta luso Bruno da Silva con 36.35.
Nas mulleres claro dominio da portuguesa Sara Pinho que entro na liña de meta con un tempo de 41.52. Na segunda posición a tamén portuguesa Rafaela Almeida aventaxaba en 5 segundos a atleta do Club Atletismo Femenino Celta que con un tempo de 42.08 está demostrando que é unha das atletas galegas mais en forma.
As 11:30 dábase a saída a unha cada vez mais multitudinaria proba de escolares na que os atletas de Noia foron os claros dominadores. Nos homes o primeiro en entrar na meta foi Tariku Novales e nas mulleres Carmen Martinez.

Compartir: