Celebrou-se unha nova edición do Medio Maratón Cidade de Pontevedra. Despois das intensas chuivas da edición anterior, a xornada da XVII edición foi mais favorable para os 1184 participantes que entraron na liña de meta. O vencedor foi o atleta do Ourense Academia Postal Manuel Hurtado. Tras el os dous atletas da Ginmástica de Pontevedra Rafael Fuentes e José Antonio Ramallo. Dende o inicio Hurtado xunto con Rafael Fuentes e Akka marcaron un bon ritmo até que na altura do km 7, o lucense consegui despegarse dos seus rivais. A vantaxe no km 10 era de uns 15 segundos aproximadamente. A partir de ahí Hurtado iría en solitario cara o estadio do Centro Galego de Tecnificación donde estaba situada a liña de meta, entrando con un rexistro de 1.07.27. Rafael Fuentes, que xa fora o gañador no ano 2004, marcou un tempo de 1.08.00. A 28 segundos faría a sua entrada José Antonio Ramallo.
Nas mulleres as protagonistas foron as atletas do Comesaña, Agueda Blanco e Soledad Castro. Xuntas chegaron até casi o km 10 en que Agueda iriase da sua compañeira de equipo vencendo con un tempo de 1.21.52. Soledad Castro que volveu a demostrar que maila ser veterana continua a estar entre os primeiros postos, entrou con un tempo de 1.22.52. Na terceira posición a marchadora do Bidezabal Eva María Iglesias con un rexistro de 1.28.22.