Resultados

XV Milla de Marín

O atletismo galego ten memoria, e non podía demostralo doutra forma, recordando a historia do noso deporte coa sensacional iniciativa levada a cabo na tarde de onte. No día de San Migue lrecuperouse a tradicional Milla San Miguel de Marín na sua decima quinta edición. Proba patrocinada polo Concello, a Deputación e New Balance, organizada polo Club San Miguel e a achega impagable do atleta Victor Riobo xunto cos irmáns de La Torre, Daniel, Carlos e Elisardo e por suposto co apoio da Federación Galega, clubs da zona de Pontevedra así como moitos dos mellores atletas galegos en activo. O ambiente inmellorable, non só polo público que se congregou nos arredores da alameda senón por volver ver e recoñecer, unha xeración insuperable de fondistas galegos dos anos 90. (ir a noticia completa)
Resultados

A tarde comezou coas probas das categorías inferiores que nun circuíto de aproximadamente 400 metros nos que se sentían arroupados en todo momento polo público se viron carreiras disputadas nas categorías alevins e infantís. Predominio de atletas do Club Vila de Cangas que lograron a vitoria nalgunhas das probas celebradas así como excepcional rendemento de atletas do Comesaña Sporting Club, o San Narciso de Marín e o Club organizador, o San Miguel.
Nas millas cadete, xuvenil e júnior competiron novos atletas galegos que na tempada actual renderon a un moi bo nivel e que lograron resultados destacados a nivel galego e nacional. Na proba cadete exhibición sensacional de Miguel González, atleta lucense que no ano 2011 batera o record galego infantil de 2000 metros e que este ano lograda o titulo de Campión de España de Campo a través coa selección galega. Nesta ocasión e malia declarar que non estaba no seu mellor estado de forma, impuxo un ritmo forte de saída, por detrás un grupo de tres entre os que se encontraba Paulo Villegas e Alfonso Pérez que nun disputado final lograría a segunda posición. Pola súa banda Miguel Otero sumaba unha nova vitoria ao seu curriculum deportivo, na cabeza dende o inicio non se deixou sorprender por Gabriel Monterroso da Sociedad Gimnastica e Enrique Martínez do Comesaña. En mulleres, Ángela González do Club Comesaña Sporting Club, subcampiona de España cadete de 600 metros lisos en pista cuberta en Oviedo, demostrou que é unha atleta polivalente cun nivel alto en probas de pista, cross e ruta. A atleta de Camos (Nigrán) adestrada por Oliva Román venceu nesta milla sen oposición. A súa compañeira de equipo Carmela Cardama lograba tamén a vitoria na súa proba, recordemos que Carmela este ano participou no Campionato do Mundo Escolar de campo a través celebrado en Valetta (Malta) sendo medallista no Campionato de España. Na carreira masculina o vencedor fo iHugo Loureiro do Ourense Academia Postal que vencía sen oposición marcando o ritmo dende as primeiras voltas.
A medida que ía transcorrendo a tarde e a pesar do vento, o ambiente de nostalxia e a sensación de orgullo do atletismo galego que se viviu nos anos 80 e 90 en Galicia fixose patente entre todos os alí presentes. Atletas importantes da nosa historia foron dando a saída ás diferentes probas como foi o caso de Estela Estévez, olímpica en Barcelona 92 en 3000 metros lisos, internacional en 1991 no Campionato do Mundo de Tokyo en 1500 metros lisos, Campiona de España de 3000 metros lisos en 1990 e que non quixo perderse esta cita co atletismo. Nas probas de veteranos caras coñecidas como Daniel de La Torre ou Teresa Suarez que venceron nas súas categorías, non obstante a proba máis disputada foi a masculina dos veteranos B na que Alejandro Gómez, que competiu en tres xogos olímpicos: Seúl 88, Barcelona 92 e Atlanta 96, subcampión de Europa de Cross e prata no mundial júnior de 5000 con 13.55.94 demostrou por que é un dos mellores atletas galegos da historia. Nesta proba o ritmo de saída marcouno Francisco Pazos tras el, Alejandro Gómez, Francisco Vidal e José Manuel Fernández. Finalmente ao toque de campá a vitoria disputaríanse a Alejandro e o atleta do Verxel Nutrición Deportiva, José Manuel Fernández, sendo vencedor o primeiro.

A maior participación viuse na Milla popular que se disputou ás 19.30 vencendo Iago Morenza e Loreto Pastor nun circuíto totalmente chairo pero con numerosos xiros o que facía a máis atractivo o desenvolvemento das carreiras. Na proba federada vimos a mellor carreira da tarde tanto en homes coma en mulleres, en liña de saída xente de calidade que ao longo de todo o ano viñeron demostrando un rendemento moi alto en probas de asfalto e pista. En canto ás mulleres na primeira volta xa defínense os postos de cabeza, Solange Pereira, María Jesús Gestido e Leticia Fernández vanse soas das suas rivais, pouco a pouco Solange sobe o ritmo collendo uns metros ás súas compañeiras, a segunda posición parece máis disputada xa que María Gestido e Leticia continúan a falta dunha volta correndo á par. Finalmente a velocidade da atleta do Ourense Academia Postal, Leticia Fernández, medallista no Campionato de España Promesa, inclina a balanza ao seu favor por diante dunha combativa María Jesús Gestido. En homes atletas de 800 metros como Ismael Costas ou David González enfrontábanse a fondistas de calidade como Álvaro Prieto, Elías Domínguez, Rafael Fuentes ou José Antonio Ramallo. De saída é este último quen pon o ritmo xunto con Ismael Costas, os favoritos van no grupo de cabeza alternando os postos. A falta dunha volta é Álvaro Prieto quenvai de primeiro, detrás del David González e Rafael Fuentes, non obstante o último xiro é decisivo vencendo David González e logrando nuns sensacionais últimos 100 metros a segunda praza, Ismael Costas do Real Club Celta e terceiro Álvaro Prieto.

Ás 20.00 era a hora prevista para dar a saída á Milla Histórica, obrigada a foto de familia cunha representación excepcional dos mellores atletas galegos: Andrés Díaz medallista no Campionato do Mundo de Maebashi e sétimo nos Xogos Olímpicos de Sydney e Atlanta, os nosos fondistas olímpicos Carlos e Elisardo de la Torre xunto con Alejandro Gómez e Carlos Adán, acompañados de Tito Margaride, Estela Estévez, José Ramón Rey, Esther Pedrosa, Fátima Paz, Eugenia Castro… catro voltas ao circuíto para recibir a homenaxe do atletismo galego e do pobo de Marín por unas traxectorias excepcionais que nos anos 90 situaron ao atletismo galego no máis alto do atletismo a nivel nacional e internacional.
A última hora e antes da entrega de premios celebráronse as carreiras dos pitufos sobre unha distancia de 100 metros.
En resumo apoio incondicional a esta iniciativa do Club San Miguel cunha resposta inmellorable por parte do pasado e do presente do noso atletismo

Compartir: