Marín convertirase o día 29 de setembro na capital do atletismo de élite

O Club San Miguel de Marín e o Concello de Marín, baixo a organización do fantástico atleta galego Víctor Riobo, están a organizar unha XV Milla Urbana de Marín. O evento terá lugar o sábado 29 de setembro a partir das 18:00 horas e contará ca presenza de destacados atletas internacionais e olímpicos, convertíndose así nun centro de reunión de experiencias olímpicas. Haberá probas destinadas dende os mais pitufos ata os mais veteráns. Tamén están previstos premios en metálico e bolsas do corredor, así como numerosos sorteos de agasallos. Para a inscricións dos menores podedes enviar un email a sanmiguelmarin@gmail.com. Non esperes mais e participar neste evento único! Inscríbete xa!

Compartir: