O Concello de Riveira acolleu o ultimo campionato galego da tempada 2011-2012. Os atletas percorreron duas voltas a un circuito urban polas ruas e malecón
de Riveira, nun circuito, homologado pola RFEA. Dende o pistolazo de saída o atleta do Ourense Academia Postal Alex Fernández impuxo o seu ritmo, seguido de preto por Manuel Hurtado e Ruben
Caamaño. O paso pola metada da carreira a vantaxe era xa de 25segundos. Por detrás, Iván Docampo e Ruben Diz loitaban por incorporarse ós primeiros postos. Nas mulleres e ante a retirada de Yolanda
Gutierrez por problemas físicos, Esther Navarrete do Celta marcaba xa a su diferenza con un paso de 17.47 nos primeiros 5000m con a segunda clasificada a veterana do Comesaña Soledad Castro a un
minuto. Na terceira posición outra veterana a atleta do Ourense Academia Postal Isabel Sáez.
Sen grandes sorpresas, Alex Fernández na sua preparación para o campionato de España de Media Maratón proclamouse campión galego dos 10km en ruta con un tempo de 30:06. Manuel Hurtado entraría
segundo na liña de meta con 31.21 e terceiro sería Rubén Caamaño con 32.24. Nas mulleres as mesmas posicións tamén que no paso pola metada de carreira con Esther Navarrete como campiona galega con
36.10 por diante de Soledad Castro con 38.02 e Isabel Sáez con 39.53.
Na categoría junior os campions galegos foron Alejandro Alvarez do Comesaña e Sandra Sobreira de Porriño mentras que en promesas o millor e novo campión galego foi o atleta da Gimnástica de
Pontevedra Manuel Martínez Ageitos. Nas féminas, Esther Navarrete foi tamén a mellor na sua categoría.
Nos veteráns, Manuel Vieites do Ourense Academia Postal é o campión galego da tempada na categoría M35, José Manuel Fernández do mesmo clube en categoría M40. Na categoría M45 o marinense Carlos de
la Torre volveu a demostrar a sua calidade. Ramiro Méndez da Gándara, José Matías Regueira do Barbanza e Antonio Hernández do Egovarros foron os vencedores nas categorías de M55, M60 e M65.
Nas mulleres ademais da segunda e terceira clasificada absoluta, Isabel Sáez foi a vencedora na categoría M40 e Soledad Castro en M45. Completouse o campionato con Pilar Marquiz do Riazor Coruña
como campiona galega en M55. Resultados Campioanto Galego