Resultados

Lute será homenaxeado o vindeiro día 15 de setembro. O prazo de confirmacións remata o xoves día 13

Un grupo de amigos e a Delegación de Vigo están a organizar un merecido homenaxe a Eleuterio García, mais coñecido como Lute. Lute estivo ao fronte da Delegación de Vigo ao longo de 22 anos, ao longo destes anos loitou e traballou en pro do atletismo vigués, acollendo numerosas competicións locais, autonómicas, nacionais e internacionais. Convídase a todos os colectivos, deportivos, políticos, sociais, patrocinadores e casas comerciais a sumarse a esta homenaxe que terá lugar o día 15 de setembro no Hotel Coia ás 14:00 horas. As tarxetas de invitación poden adquirirse ata o día 13 ao precio de 37 euros (obsequios incluidos) nos seguintes lugares: Delegación de Vigo (Casa del Deporte), Fundación Vigo Deporte (VIDE), Deportes EFORTT e Trofeos SEYPOL. Tamén pode ingresarse na conta da Agrupación Deportiva Vigo 2080-5117-91-3040012776, poñendo no concepto Homenaxe e nome e apelidos da persoa. Mais información no teléfono 606622795 (Jesús Martínez). Dende a FGA animamos a participar a todos aqueles que desexen arroupar a Lute neste importante acto ben merecido. (Foto extraída www.farodevigo.es Fotógrafo: Jesús de Arco)

Compartir: