Inicio do horario de verán da Federación Galega de Atletismo

Dado o periodo vacacional de moitas persoas cercanas ao atletismo galego, a Federación Galega de Atletismo terá dende hoxe un horario de verán que estará vixente ao longo da segunda quincena de xullo e de todo o mes de agosto. O horario de oficina da sede central será de 09:30 a 13:30 horas. A federación non pechará no mes de agosto, e ademais ofrece a posibilidade de, se algunha persoa o desexa, vir en horario de tarde, sempre e cando o solicite por email previamente.

Compartir: