Frank Casañas será o único atleta adscrito á federación galega que estará en Londres, así o confirmaba hoxe a Circular 145/2012 da Real Federación Española de Atletismo. Despois do último gran esforzo feito polo vigués David Gómez e por outros atletas galegos que rozaron o billete para os Xogos Olímpicos, a RFEA comunicaba no día de hoxe o listado final de integrantes. Neste grupo gourmet figuran tamén nomes de ilustres atletas galegas como Alessandra Aguilar ou Vanesa Veiga, actualmente federadas e residindo noutras comunidades.
No apartado de técnicos novamente contaremos ca presenza do Director da Escola Galega de Adestradores, D. Mariano García-Verdugo, e relativo aos xuíces, a IAAF convidou á Presidenta do Comité Galego de Xuíces, Dª. Dolores Rojas Suarez.Noraboa para todos eles e dende a FGA desexámoslle os mellores éxitos para todos eles! (Selección Española)