Resultados

Nace Run Plus Valencia, unha iniciativa de adestramento persoal con sabor galego

O atleta galego internacional “Suso” de la Fuente, afincado dende fai uns poucos anos na cidade de Valencia, creou unha empresa chamada Run Plus Valencia, esta nova empresa ofrece servicios de adestramento on-line de atletismo completamente personalizados, planificando os adestramentos en base aos obxectivos da tempada de cada corredor. Dende a FGA desexamos os mellores éxitos profesionais para esta nova andadura dun dos importantes fondistas galegos. Máis información na web: http://www.runplusvalencia.com

Compartir: