As Pistas Municipais El Deleite en Aranjuez foron o escenario do Campionato de
España Xuvenil no que os atletas galegos de novo estiveron entre os mellores. Na xornada do sábado obtivéronse 3 medallas, Marta Lolo lograba a prata coa mesma marca que a primeira en triplo salto,
Marta que o fin de semana pasado saltara en Vigo 12.22 nesta ocasión realizou un mellor salto de 12.10, Carmela Cardama lograría igualmente a medalla de prata nos 3000 m.l cun tempo de 10.23.36.
que é a súa mellor marca da tempada. Na xornada do sábado a terceira medalla correspondiu á atleta do Atletismo Feminino Celta Ana Izquierdo en lanzamento de disco con 37.88. A primeira xornada
destes Campionatos presaxiaba uns bos resultados para os nosos atletas, en semifinais dos 200 m.l Patricia Carballo lograría un novo record gañando a súa serie con 25.21, o seu compañeiro de
adestramento Mauro Triana pasaba á final con 22.25 e deixando claras as súas opcións de medalla. Nos 400 m.l o atleta do A.D.A.S Juan José del Rio realizaba unha boa carreira que lle permitia con
50.69 acceder á final da volta á pista ao igual que José González, do mesmo Club na proba de 800 m.l con 1.55.78. En lanzamento de peso Pablo Castro que tiña unha mellor marca de 16.29 lanzou 15.88
o que o colocou en cuarta posición na clasificación nun concurso no que o ouro se logrou con 17.41. Destacamos a excepcional tempada da atleta de 400 valos Aitana Leguicano que progresivamente ten
ido mellorando as súas marcas ata deixala en 1.05.02 sendo cuarta na final, mesmo posto nos 400 m.l de Aida Amoedao con marca persoal 58.56.
A xornada do domingo empezou con boas noticias para os galegos desprazados a Aranjuez, Mar Chillón culminaba a tempada cun nova medalla nos 5 km, con 24.59.02 logrou o bronce o que demostra o nivel
desta moza marchadora xuvenil de primeiro ano. Excepcionais os dous velocistas do Club Coruña Comarca, Patricia Carballo e Mauro Triana que con dous novos records galegos da categoría realizaban un
gran Campionato sendo nos 200 m.l primeira e segundo. Patricia demostrara fai unhas semanas o seu bo estado de forma pero naquela ocasión en Vigo o vento anulou as marcas, en Aranjuez centrada na
proba de 200 m.l venceu con superioridade cunha marca de 25.09. Pola súa banda o talento de Mauro Triana levoulle a lograr a medalla de prata baixando por primeira vez dos 22 segundos, conseguiu un
rexistro de 21.97. Outro atleta que realizou unha moi boa tempada é o atleta do Lucus Miguel Pérez que lograba a medalla de bronce nos 110 valos con novo record galego xuvenil 13.99. Nos 800 m.l a
carreira foi agónica ata os últimos metros, entre os clasificados encontrábase José González do A.D.A.S que foi quinto con 1.55.23 nunha carreira na que se gañou con 1.54.91 e o último clasificado
fixo 1.55.77. Nos 400 m.l na final Juan José del Rio foi sexto con 50.71, preto da súa mellor marca persoal.
A lanzadora Ana Izquierdo colgábase a súa segunda medalla en lanzamento de peso cuns sensacionais 13.74 que lle permitiron ser segunda. En lanzamento de disco tiñiamos a dous representantes Martin
Liste que tiña a terceira mellor marca con 48.04 e Pablo Chapela, finalmente foron sexto e décimo con 43.53 e 40.10.
Bo rendemento dos atletas xuvenís en Aranjuez especialmente nas probas de velocidade con tres novos records galegos da categoría nos 200 m.l masculino e feminino e nos 110 valos masculino
Resultados –Actuaccion Gallega