Aberto o prazo de inscrición individual para a proba nocturna do circuito de carreiras saudables de Santiago

Do 4 o 11 de xullo permanecerá aberto o prazo de inscrición para a 2ª proba do circuito de Carreiras Saudables de Santiago. A zona vella será o escenario desta proba tan ansiada polos atletas santiagueses e de toda Galicia que se desprazaran ata Compostela para vivir unha proba nocturna de pouco máis de 4 kilometros de percorrido que tamén tocará as rúas da Alameda santiaguesa. O horario das probas previsto pola organización será o seguinte:
– Escolares (de alevíns a cadetes): 22.00 horas (2,2 km)
– Adultos (de xuvenil en adiante): 22:30 horas (4,4 km)
O Concelleiro de Deportes Adrián Varela mostrouse comprometido con este proxecto de 4 carreiras polas rúas santiaguesas que deu comenzo o pasado sábado 30 de xuño na zona do Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela e que él mesmo foi o encargado de dar o pistoletazo de saída.
As inscricións de adultos (de xuvenil en adiante) á proba nocturna poderanse facer na web www.championchipnorte.com ata o prazo indicado. Tamén poderán realizalas presencialmente no Centro Comercial Compostela (Hipercor-El Corte Inglés) do 4 o 11 de xullo (Planta de Deportes) en horario de 10 a 22.00 horas
As inscricións de escolares (de alevín a cadetes) poderán realizalas nesta páxina web da FGA (inscripcion AQUI) ou no correo inscricionsFGAsantiago@gmail.com indicando nome e apelidos, data de nacemento, clube e nº de licencia (se procede) e localidade de procedencia.
Agardanse máis de 400 participantes na proba nocturna do 14 de xullo que terá a súa saída e meta na tradicional Praza da Quintana.

Compartir: