Unha semana despois de galego absoluto, Vigo acolle o Campionato Galego de Probas combinadas, onde se darán citas os especialistas desta dura proba atletica. Entre eles salientar a David Gómez, atleta que intentará acadar o billete para os Xogos Olímpicos. Convidamos a tódolos atletas galegos e aficcionados a este deporte a arroupar ao céltico nesta importante competición.
Inclusión da proba de 200 metros lisos masculino e feminino
Asemade comunícase que incorporouse a proba de 200 metros lisos masculino e feminina aberta a todos os atletas que o desexen. A mesma terá lugar ás 17:15 horas do sábado. As incricións pódense facer ata unha hora antes da proba. Horario – Atletas inscritos – Circular