Celebrou-se unha nova edición dos Campionatos Galegos Absolutos no Estadio de Balaídos. As fortes rachas de vento invalidaron alguns dos rexistros nas probas de velocidade e saltos. Nas probas de velocidade os protagonistas foron os atletas do Coruña Comarca con Patricia Carballo e Rodrigo Avellaneda vencendo nas probas de 100m e 200m. Na xornada de mañan podemos ver as semifinais dos 100m de mulleres con Patricia Carballo correndo en 12.11 e batindo o record galego xuvenil. Minutos despois na segunda semifinal a atleta do Barbanza Ana Peleteiro paraba o crono en 12.09 o que supón o novo record nesa categoría. Xa na final con Ana Peleteiro eliminada na saída o duelo foi entre Patricia Carballo cuns excelentes 11.99 (+2.4) e Lidia Casal. O vento invalidou tamén o rexistro de Patricia Carballo nos 200m (24.48). Nos homes a rivalidade foi menor vencendo nos 100 e 200m Rodrigo Avellaneda con 10.84 e 21.65 (+2.7), respectivamente. Nos 400m Enrique Prego do Riazor foi claro vencedor con 49.61 mentras que nas mulleres o duelo entre as atletas do RIA Ferrol Esperanza Caldas e Candela Díaz deixou bos rexistros e mellores marcas persoais para as duas (56.76 e 56.83). Nas probas de mediofondo os homes do Celta de Vigo foron os claros dominadores, vencendo nos 800m Ismael Costas (1.53.13) e nos 1500 Carlos Porto (4.02.70). Xa nas mulleres as protagonistas nas duas probas foron Solange Pereira e Leticia Fernández con 2.13.97 e 4.23.73 para a atleta do Bikila e 2.16.25 e 4.28.43 para a atleta do Ourense Academia Postal. Nos 5000m con unha boa participación na proba masculina o claro vencedor foi o atleta da Gimnástica Iván Docampo con 14.55.95 e as atletas do Comesaña na proba femenina con Yolanda Gutierrez como campeona galega con 17.44.89. Pouca rivalidade tamén nas probas de obstáculos con Juan Antonio Pousa do Celta de Vigo (9.06.72) e Raquel Suárez do Ria Ferrol (11.10.65) como destacados protagonistas.
Nas probas de valados, unha vez mais Virgina Villar foi a vencedora nos 100mv con un bon rexistro de 13.99 mentras que en homes o vencedor foi Javier Fidalgo. Nos 400mv Samuel Paz venceu con un bon rexistro de 52.89 mentras que nas mulleres do Ourense Academia Postal a victoria decantouse pola xoven Aitana Leguiçano mellorando a sua marca de 1.05.56 seguida de Alba Fernández con 1.05.94. Na marcha os protagonistas foron tamén os atletas do Ourense Academia Postal con Lorena Luaces moi cerca da sua mellor marca 22.26.65 e Francisco Durán con 45.04.13.
Nos saltos o gran protagonista foi Jean Marie Okutu que despois de igualar o seu record con 7.94 saltou no 5º intento até 8.00, salto invalidado polo vento (+3.7). Tamén o vento non permitiu que Alfonso Palomanes, en un gran estado de forma, mellorara a sua marca vencendo con 15.88 (+2.6). Nas mulleres Marta Lolo foi a vencedora na lonxitude con 5.32 e no triple con mellor marca persoal con 12.22. Na altura os protagonistas foron os atletas lucenses con Miguel Pérez vencendo na proba masculina con un mellor salto de 1.93 e Paula Ferreirós que despois de superar o 1.77 intentou o 1.80 o que sería record galego. Na pértega bon concurso de Santiago Ferrer que despois de superar tódalas alturas a primeira non pudo con 4.63, vencendo así con 4.40m. Nas mulleres a tamén atleta da Gimnástica Sandra Carballo foi a gañadora con un mellor salto de 3.30.
Nos lanzamentos poucas sorpresas. Victor Gallego foi o vencedor en peso (15.19) e no disco (53.48) mentras que Isaac Vicente e José Manuel Vila gañaron as suas probas de martelo e xavalina con uns mellores lanzamentos de 66.73 e 71.06, respectivamente. Nas mulleres Belén Toimil foi a vencedora no disco (49.52) non participando no peso o que foi aproveitado por Elena Estevez para proclamarse vencedora con un mellor lanzamento de 11.80. Sara Arosa con 50.07 e a veterana Angeles Filgueiras foron as campionas galegas no martelo e na xavalina.
A xornada rematou cas probas de relevos con o Coruña Comarca no relevo corto e o ADAS no largo como campeones galegos. Nas mulleres as victorias foron para o Ourense Academia Postal e o Celta. RESULTADOS