Carreira Popular CORRE SAN

LigazónO vindeiro sábado 30 de xuño arranca o circuito de carreiras saudables de Santiago “CORRE SAN”, un circuito de 4 carreiras en ruta que explorará os mellores circuitos da cidade compostelana. Todas as probas terán unha proba para escolares (de alevíns a cadetes incluidos) e outra para adultos (de xuvenil en adiante) con distancias que oscilarán entre os 2 e 3 km para escolares e de 4 a 6 km para os adultos. A primeira proba celebrarase no Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela e contará coa colaboración inestimable da Fundación da Usc Deportiva así como da propia USC.
A PROBA ESCOLAR DA PROBA DO 30 DE XUÑO CELEBRARASE ÁS 19 HORAS. A PROBA DE ADULTOS SERÁ AS 19:30 HORAS.
Compre lembrar que estará aberta a inscrición no Centro Comercial Compostela (El Corte Inglés – Hipercor Santiago) ata ás 22 horas do día 27 de xuño tanto para escolares como para adultos. Os clubes (adultos e escolares) e Centros Escolares que desexen participar na clasificación final de premios a clubes terán que facer obrigatoriamente a inscrición no Centro Comercial Compostela.
As inscricións online de adultos poderán facela a través da páxina www.championchipnorte.com; para escolares poderán remitir os datos incluidos no regulamento das probas ó correo electrónico inscricionsFGAsantiago@gmail.com ou rellenar o formulario de inscrición presente na páxina web www.atletismogalego.org” Regulamento

Compartir: