,Sensacionais os atletas juniors no
Campionato de España que se celebrou en Avilés. Se a primeira xornada nos deparou resultados magníficos coas medallas de Rocio Carbia, o record galego e mínima mundialista de Lidia Parada, a
actuación sensacional fora de concurso de Ana Peleteiro cun salto de 13. 53 novo record galego e record de España, o ouro de Belén Toimil en disco con mínima para o mundial e o bronce de Paula
Ferreiros en altura con 1.76, a xornada do domingo non o foi menos. De novo Belén Toimil subia ao máis alto do podio no lanzamento de peso con novo record galego da súa categoría, Belén logrou un
lanzamento de 15.46 que mellora en 13 cm a súa anterior marca. Nos 400 m.l feminino tras gañar a súa semifinal con 56.59, Paula Ferreiros foi terceira na final con 57.13 rematando o Campionato con
dúas medallas. Bos resultados de Antia Martínez nos 100 valos entrando segunda na súa semifinal con marca persoal 14.91, rexistro que melloraría na final correndo en 14.85 sendo sexta. Carlos Moro
accedía á final dos 400 metros valos na que foi cuarto pelexando polas medallas ata o último valo, na que un pequeno tropezo lle impediu subir ao podio, a pesar diso bo rexistro do atleta do Riazor
Coruña: 53.63. Nos 10 km marcha contabamos con cinco atletas galegos, Pablo Maciñeiras, Francisco José Durán, Armando Pereira, Fabio Pereira e Angel Menduiña, non obstante os únicos que lograron
rematar a proba foron Francisco José Duran con 45.01.07 no posto sétimo con marca persoal e Pablo Maciñeiras con 52.45.39. Outros atletas que competiron neste nacional júnior foron Sebastián
Vieites en salto con pértega que estivo próximo á súa mellor marca, saltou 4.20, oitavo posto da saltadora de altura Ana Solla con 1.58 ao igual que en peso Antonio Molina con 13.14.
En 10 km marcha ademais do bronce de Rocio Carbia con 50.30.68 competiu
Miriam Costas que foi quinta con 57.41.86, tres metros para Paula Martin en salto con pértega, 1.89 David Barreira en altura, oitavos postos para Carlos Porto e Jenny Fernández en 1500 m.l ao igual
que Sergio Piñón nos 3000 metros obstáculos, proba na que se retiraría Gonzalo Basconcelos, quinto e sexto posto respectivamente para Adrián Estevez e Antonio Molina en lanzamento de disco con
44.76 e 44.59
Resultados destacados dos representantes galegos, destacando a Ana Peleteiro atleta xuvenil, Belen Toimil e Lidia Parada que chegarán ao Campionato do Mundo júnior que se celebra en Barcelona do 10
ao 15 de xullo nun excepcional estado de forma.
A FGA felicita a todos os atletas galegos polo seu extraordinario campionato Resultados