Por motivos alleos a esta federación o Campionato Galego de 5 km en ruta previsto para o día 8 de xullo aprázase para o domingo día 15 de xullo. Asemade o mesmo sufririrá un cambio de sede, sendo finalmente en Vilagarcía de Arousa. Este evento discurrirá por un circuito homologado de 5 kilómetros que servirá para incluir as marcas feitas polos atletas ao ranking oficial. Asemade, conxuntamente ca organización do campionato galego, organizarase unha carreira popular de 5 km.