II Carreira Popular de Carballo

Máis de 600 atletas disputaron os 10 km da segunda edición da Carreira de Carballo englobada no Programa de Festas de San Xoan. A partir das 10 da mañá comezaban as carreiras das categorías inferiores disputándose ás 11.30 a proba para a categoría xuvenil. A proba dos 10 quilómetros con saída e chegada á praza do concello celebrouse ás 12 do mediodia con boa temperatura. O percorrido constaba de dúas voltas de cinco quilómetros nun circuíto con varias pendentes, e con baixadas longas que permitían un respiro aos corredores. Numeroso público nas beirarrúas do centro da localidade e apoio por parte dos locais da zona aos atletas. O vencedor final sería o noies Rubén Caamaño do Club Sar A Poutada, atleta que fai un mes vencía tamén na Carreira Popular Virxe dá Guia. Nesta ocasión realizou un tempo de 32.02, mesmo tempo que o asturiano Enedino García que recentemente disputara en terras coruñesas a media maratón Coruña 21. En terceiro lugar, xa distanciado dos dous primeiros entraría Jorge Crespo seguido do vencedor da edición do ano pasado Manuel Oliver Pérez do Club Coruña Comarca. En canto ás mulleres, a favorita, Teresa Castro do Club Atletismo Noia, cumpliu o pronóstico e lograria unha vantaxe de máis de dous minutos sobre a segunda clasificada Eva Portas. Nos 10 km de que constaba a proba o tempo invertido por Teresa Castro foi 41.15, en terceiro lugar entraría Veronica Mon da Escuela de Atletismo de Deza. Boa participación nesta carreira popular que transcorre polas rúas de Carballo o que permite aos atletas sentirse arroupados polo público. Boa organización nun circuito que permite realizar bos rexistros a pesar das continuas costas. Resultados

Compartir: