No estadio olímpico de Montjuic sonou por megafonía ao longo do día de onte a palabra Galicia, conformen se celebraban as probas, o locutor ía informando aos espectadores das clasificacións, continuamente Galicia figuraba na segunda posición, foi rematando as últimas probas cando a selección galega veríase desprazada a falta de poucas probas á terceira posición e finalmente e por moi pouca puntuación remataría nunha fantástica 4ª praza por diante de importantes comunidades autónomas, a non puntuación na proba de pértiga, foi un gran enemigo da selección galega, pois de puntuar nesa proba cun salto de 3,80 ou 4 metros Galicia subiría ao podium.
En xeral houbo moi bos postos e incluso victorias. Nesta ocasión as victorias correron a cargo dos lanzadores Isaac Vicente con un mellor lanzamento no martelo de 67.63 e de José Vila con 68.50 na xabalina. Ana Peleteiro con un millor salto de 13.24 (+2.1) no triple, Lidia Parada con un magnifico concurso e un millor lanzamento na xabalina de 48.88, Sara Arosa con 50.58 no lanzamento de martelo xunto ca sempre aposta segura nos 100m valados de Virgina Vilar (14.42) foron todas elas segundas. A mesma posición foi acadada por Frank Casañas no lanzamento de disco con un mellor lanzamento de 63.41. Boa actuación dos saltadores Jean Marie Okutu con 7.72 na lonxitude e Alfonso Palomanes no triple con un concurso moi regular e un mellor salto de 16.06 (+2.8) que xunto con Solange Pereira nos 3000m (9.23.51) e Belén Toimil no peso (14.58) foron terceiros nas suas probas. Esta ultima foi tamén a representante no lanzamento de disco acadando un 5º posto con 43.29. Boa actuación tamén de David Gómez nos 110mv con un rexistro de 14.82, Samuel Paz nos 400mv con 52.64, Carlos Villamor nos 5000 (14.51.05) e un cada vez mais recuperado Victor Riobo nos 1500m (3.52.08) que cos seus cuartos postos contribuiron a sumar puntos para a clasificación final. A mesma puntuación foi acadada por Leticia Fernández nos 1500m (4.32.98), Paula Ferreiros na altura (1.71), Lorena Luaces nos 5000m marcha (22.44.20) e o relevo 4×100 feminino. Manuel Hurtado nos 3000 (8.24.10), Ismael Costas con millor marca da tempada nos 800 (1.51.64), Gilberto Alvarez nos 3000m obstáculos (9.14.65), os velocistas Mauro Triana nos 100m (11.35), Rodrigo Avellaneda (21.87) e Enrique Prego nos 400m baixando outra vez dos 49″ (48.94), Jose Fernández Nieves nos 5000m marcha (22.34.43), Victor Gallego no peso (16.52) e o xuvenil Miguel Pérez con un bo concurso na altura (1.95) completaron a actuación masculina. A nota negativa foron os nulos no salto de pértiga de Luis Moro.