Resultados

VI Trofeo Alfonso Posada: Pablo Castro Chapela iguala a mellor marca galega de peso na categoria xuvenil

Celebrouse a sexta edición do Trofeo Alfonso Posada nas Pistas de Balaidos en Vigo cun novo record galego xuvenil para o atleta Pablo Castro en lanzamento de peso, logrando unha marca de 16.29, sensacional a progresión do atleta do Atletismo Vila de Cangas..A nota negativa da xornada púxoa a falta de anemómetro, que invalidou as marcas conseguidas en 200 m e salto de lonxitude. Un dos máis prexudicados foi Rodrigo Avellaneda, xa que o seu rexistro de 21.69 supoñía a súa mellor marca persoal sendo segundo David Gómez con 22.36 e terceiro Miguel Gómez con 22.74 ambos os dous do Real Club Celta de Vigo Outra das probas destacadas foron os 3000 metros obstáculos onde Juan Antonio Pousa lograba a súa mellor marca da tempada con 9.01.55 nunha carreira na que venceu o atleta do Club Universidade de Burgos, Tomás Tajadura con 8.33.40. Na proba de salto con pértega interesante duelo entre David Ferrer e Sebastian Vieites que lograban a mesma marca, 4.24 que supón a mellor marca da tempada para ambos os dous. Pola súa banda Isaac Vicente vencía en martelo con 68.76 sendo segundo, preto da súa mellor marca, Pablo Denis con 62.06. En canto ás mulleres, Solange Pereira volveu demostrar a súa capacidade para defenderse a un nivel importante en varias distancias, nesta ocasión logrou nos 800 m.l unha marca de 2.11.47, nesta proba marca persoal para Jenny Fernández con 2.15. 48. Resultados

Compartir: