Campionato Galego de Veterans

Nunha xornada moi ventosa os veteranos e veteranas do atletismo galego disputaron nas Pistas Gregorio Pérez Rivera o Campionato Galego. Destacar a numerosa participación nalgunhas probas como os 400m ou os 1500 homes. A xornada comenzou con o martelo destacando o concurso de José Manuel Almudi do Burgos (M70) con un mellor lanzamento de 36.44. Salientar o salto de 6.50 en lonxitude de Roberto Faya (M35) do ADAOR moi próximo do récord galego en poder de Basilio Bernárdez con 6.57. Juan Manuel Bello (M40) do Celta de Vigo bateu o seu propio récord na proba de pértiga superando o listón en 3.96. Na pértega Xulio Ventín do ADAOR bateu tamén o récord M50 en posesión de Santi Ferrer con un salto de 3.00m. Outro dos récords batidos na xornada do domingo foi o dos 400m valados na categoría M45. José Antonio Bazán do Marineda Atlético bateu o seu propio record parando o crono en 1.10.16. O participante de mais idade foi Enrique Rio do Egovarros (M80) nas probas de 100, 200 e 400 e quen xa posee varios records da sua categoría. Entre as mulleres salientar a participación de Chus Sanguos (M55) e Loli Pérez (M60) nos 400m con 1.10.37 (mellor marca nacional da categoria)) e 1.19.23, respectivamente. Outra das protagonistas foi Mª Rosario Sureda (M55) do ADAOR o igualar o seu récord en altura con 1.41. Emilia Mesa (M55) do Ourense Atletismo Academia Postal bateu o seu propio record levando a xabalina a 31.66m. Outra das mulleres destacadas foi a sempre loitadora Soledad Castro do Comesaña nos 5000m. A muller mais veterana foi Francisca Romasanta do Egovarros nas probas de 100 e 200m. En resumo, unha boa xornada na que podemos disfrutar do gran ambiente que se respira nas competicións dos mais veteranos e veteranas do atletismo galego. Resultados

Foto: Antón Gómez

Compartir: