Resultados

Carreira Espacio Coruña 2012:

Atractiva resultaba a priori a Carreira Espacio Coruña con algunha das probas das categorías inferiores no interior do Centro Comercial. A entrega de dorsais realizouse nos días previos e a partir das 9.30 da mañá do domingo. Realizáronse catro carreiras para menores na planta baixa, os primeiros en correr seria os alevins nenos e nenas para a continuación colocarse na línea de saída os máis pequenos benxamíns e prebenxamíns. Os vencedores foron:Lucia Conde, Gabriel Nuñez, Mariña Monteagudo y Ermias Fernández. Resultados (ir a noticia ampliada)
.

Ás 10.15 dábase a saída á proba infantil e cadete que realizabase nos arredores do recinto. Dende o inicio fórmase un trio de atletas, David Bergondo, Pablo Monteagudo e Marcos Rosende, en rapazas colle vantaxe dende os primeiros 500 metros a atleta de Santiago, Lucia Suarez. Os atletas percorrían unha distancia de 2770 metros que os levaba cara á zona universitaria onde xiraban para volver a Espacio Coruña onde estaba situada a meta. Os gañadores foron en categoría infantil Pablo Monteagudo e Lucia Suarez mentres que e en categoría cadete Marcos Rosende e Paula Abeledo.
Ás 10.15 dábase a saída á proba infantil e cadete que realizabase nos arredores do recinto. Dende o inicio fórmase un trio de atletas, David Bergondo, Pablo Monteagudo e Marcos Rosende, en rapazas colle vantaxe dende os primeiros 500 metros a atleta de Santiago, Lucia Suarez. Os atletas percorrían unha distancia de 2770 metros que os levaba cara á zona universitaria onde xiraban para volver a Espacio Coruña onde estaba situada a meta. Os gañadores foron en categoría infantil Pablo Monteagudo e Lucia Suarez mentres que e en categoría cadete Marcos Rosende e Paula Abeledo

O nivel da proba sénior tanto en homes coma en mulleres presaxiaba unha carreira interesante. O circuíto de 7920 metros constaba de dúas voltas con continuas pendentes circunstancia que se viu agravada coa chuvia e o vento. Tras o disparo de saída fórmase un grupo de nivel con Javier Gómez Noya, Akka Essadaoui, Gustavo Platas, Alejandro Fernández e Hassan Lekhili. Os primeiros en descolgarse serian Hassan e Gustavo Platas mentres era Alejandro Fernández quen impoñía un ritmo forte que logra descolgar na segunda volta a Akka. Sería a falta de 500 metros da meta cando o atleta do Ourense Academia Postal daría o cambio definitivo ao que non responde Gómez Noya que entrou segundo na línea de meta a 11 segundos. Nas mulleres dende o inicio a favorita situaríase na cabeza, Maria Jesús Gestido que a pesar da dureza do percorrido impuxo un ritmo forte, por detrás Agueda Blanco e Esther Pedrosa. Na meta non variarían as posicións impoñéndose con claridade Maria Jesús Gestido cu tempo de 30.06, seguida de Agueda con 31.30 e terceira a atleta veterana Esther Pedrosa con 31.51.
Boa participación nesta primeira edición da Carreira Espacio Coruña, con bo ambiente na entrega de trofeos e regalos para os máis pequenos e cun nivel importante na carreira masculina permitindo ver un duelo interesante entre Alejandro Fernández e o Campeón do Mundo de Triatlon Javier Gomez Noya.

Compartir: