O Gran Premio Cantóns da Coruña de marcha atlética viviu a súa edición número 26 e aínda que o vento quixo ser o protagonista, finalmente fórono o público e o gran nivel dos atletas presentes. No circuíto, coñecido xa por todos os participantes se presaxiaba unha tarde intensa e con obxectivos ambiciosos, en xogo non só a vitoria senón a clasificación para os Xogos Olímpicos de Londres e o titulo de Campión de España en homes así como os títulos da categoría de veteranos Resultados (ir a noticia ampliada) FOTOS
A tarde iniciouse coas probas das categorías inferiores do Memorial Josefina Romero que supoñía así mesmo a final do circuíto galego de marcha na que, os atletas benxamíns facían unha distancia de 1 quilómetro, os alevíns dous quilómetros e infantís e cadetes mulleres tres quilómetros. O traballo desenvolvido en Galicia na disciplina de marcha atlética viuse reflectido no asfalto coruñés con numerosos atletas, especialmente dos clubs Atletismo Cuntis e Atletismo Vila de Cangas. Na proba benxamín os vencedores foron Teo Iglesias e Ana Piñeiro do Club Atletismo Vila de Cangas mentres que en alevíns o fixeron Roberto Vieiro e Valeria Fernández do Atletismo Cuntis. Na proba de tres quilómetros sensacional Maria Abeledo, atleta cadete, que realizou parte da proba acompañada de Bráis Prieto e Roberto Vieiro finalmente o seu rexistro sería de 15.36 sendo Bráis o primeiro atleta infantil.Ás 17.15 dábase a saída á proba dos 10 quilómetros nos que de inicio nos homes formase un grupo de 10 atletas entre os que se encontra José Fernández Nieves que é o que leva o peso da proba ao paso pola contrameta. Entre as rapazas un guión diferente dende o primeiro quilómetro, Maria Pérez, atleta xuvenil que acudiu coa selección española júnior á Copa do Mundo de marcha impuxo un ritmo que ningunha atleta foi capaz de seguir, por detrás dela Mar Chillón acompañada de dous atletas do ADAS, Marcos Cintrón e Pablo Maciñeiras. Ao paso polo primeiro quilómetro no grupo masculino comanda a proba o burgalés Rubén Castrillo a continuación varios atletas entre os que se encontran ademais de José Fernández dO Club Ourense Academia Postal, Fabio e Armando Pereira. No quilometro dous o dorsal 430, Ruben Castrillo vaise só a un ritmo de 4.24 o quilómetro mentres por detrás o ritmo o pon o atleta veterano Leonardo Toro seguido de Pablo Oliva e os atletas galegos. Nas mulleres non hai cambios significativos nos postos de cabeza, en terceiro lugar en solitario marcha Madison Loriou mentres que nun cuarto grupo vai a atleta do Club Atletismo Cuntis ,Carmen Fuentes, Elena Diaz, e Macarena Martín. No quilómetro tres da proba masculina empezan a descolgarse atletas, en primeiro lugar continua Rubén Castrillo, en segundo lugar Leonardo Toro e o atleta xuvenil Pablo Oliva actual campión de España, mentres que por detrás José Fernández continua a súa loita por non perder contacto cos atletas de cabeza. En 14.30 pasa o terceiro quilómetro a atleta do Cuevas de Nerja, Maria Pérez mentres que Mar Chillón o fai en 15.02 acompañada dos dous atletas do ADAS. Achegándonos ao quilómetro 6 vanse recortando as distancias entre o primeiro atleta da carreira masculina e Leonardo Toro e Pablo Oliva. A falta de pouco máis dunha volta para o final Pablo Oliva actual campión de España xuvenil sitúase en segundo lugar pero pronto seria descualificado deixando a segunda praza para Leonardo Toro que finalmente seria superado polo atleta cadete Manuel Bérmude,marca con 23.13, nesta ocasión realizou a proba practicamente en solitario. Nesta mesma distancia destacamos a vitoria de Pilar Iglesias do Lucus en categoría de veteranas con 25.25 e de Antía Chamosa con 26.41 atleta infantil
Nas probas de 20 quilómetros nivel espectacular dos atletas inscritos que disputarían a edición XXVI do Premio Cantóns da Coruña, a décima proba da Challenge Mundial, Campionato de España dos 20 quilómetros na proba masculina e asimesmo os españois, en moitos casos, xogabanse o pasaporte olímpico. Con estes condicionantes a proba non defraudou e o público fíxose participe do esforzo e a calidade dos marchadores apoiándoos ao longo das 20 voltas que darían ao circuíto. As primeiras en tomar a saída forom as mulleres, entre elas as galegas Lorena Luaces e Eva Iglesias que non quixeron perderse esta cita na cidade herculina. Entre os nomes destacados a chinesa Liu Hong subcampiona do Mundo, a catalá Maria Vasco medallista olímpica en Sydney, Beatriz Pascual sexta en Pekin e Maria José Poves terceira na Copa do Mundo e con iso con praza para representar a España en Londres. O primeiro quilómetro pásano agrupadas un bo número de atletas entre as que se encontran as españolas, as chinesas, algunha atleta polaca e Lorena Luaces do Ourense Academia Postal. No quilometro dous, tres atletas chinesas vanse en solitario mentres o segundo grupo é comandado pola experimentada Maria Vasco. A proba non permitiu ningún descanso e ao paso por meta íanse desenvolvendo acontecementos que obrigaban o espectador a estar pendente das atletas, o segundo grupo no quilómetro tres dá alcance á atleta Ding Huiquin por detrás, Julia Tackas e a alemá Sabine Krantz. No quilómetro cuarto na cabeza continúan as dúas atletas chinesas mentres Maria Vasco pasa por meta nun tempo de 22.30 a oito segundos da cabeza. No quilómetro sete a galega Lorena Luaces que este ano correu a distancia en 1.31.50 pasa en solitario pola meta. Posteriormente sería descualificada a atleta Ding Huiquin mentres o resto de posicións non varían. Xa no quilómetro 11 se producirían cambios importantes, vaise a favorita Liu Hong mentres Maria Vasco enlaza coa segunda das atletas chinesas, por detrás vai remontando Julia Tackas e Beatriz Pascual. A atleta China Liu Hong, líder do ranking mundial pasa o quilómetro 17 en 1.14.51 mentres a atleta española que mellor está rematando a proba é Beatriz Pascual que logra superar na última volta a Maria Vasco. Finalmente primeira cun tempo de 1.27.32 Liu Hong, segunda con 1.29.53 Beatriz Pascual e terceira Maria Vasco con 1.30.05, Lorena Luaces realizou un tempo de 1.35.39 e finalmente Eva Iglesias retiraríase. Na proba masculina de novo dominio inicial dos atletas chineses, na liña de saída nomes importantes a nivel internacional como Zhen Wang cuarto no Mundial do 2011, Jesús Ángel Garcia Bragado, Miguel Ángel López, o polaco Rafael Augustyn, Yu Wei ou Giorgio Rubino. O primeiro quilómetro da proba pásase a un ritmo cómodo para algúns dos atletas que forman o grupo de cabeza tirando en principio o ecuatoriano Rolando Saquipay e o favorito Zhen Wang, este atleta consciente de que teñen que subir o ritmo decide marcharse só pasando a marchar a un ritmo de 3.51 o que lle permite coller metros de distancia. O quilómetro seis pásao o atleta chinés en 23.35 mentres que no segundo grupo van homes importantes como Giorgio Rubino, Yu Wei, Li Jianbo, ou os mexicanos Alvaro García e Pedro Daniel Gómez. Aproximadamente no quilómetro 13 prodúcense cambios no segundo grupo indose os dous atletas chineses Yu Wei e Li Jiambo mentres quedan por detrás o italiano Giorgio Rubino e o español Miguel Ángel López. Sorpresivamente retírase Zhen Wang que realizara toda a proba na cabeza situándose á fronte o outro atleta chinés Li Jiambo mentres a falta de tres voltas Miguel Ángel López que este ano tiña unha mellor marca de 1.21.52 colocase segundo. Finalmente a vitoria seria para Li Jiambo cun tempo de 1.20.55, segundo da proba e Campión de España con 1.20.59 Miguel Ángel López con marca persoal e terceiro Yu wei con 1.21.04. No Campionato de España serían segundo Luis Corchete e teceiro Francisco Arcilla. Cun tempo de 1.25.50 entraría na meta un dos homes mais aplaudido polo público coruñes: Jesús Angel Garcia Bragado.