LigazónNa cidade venezolana de Barquisimeto estase a celebrar os Xogos Iberoamericanos, e conta coa presenza de tres galegos na Selección Nacional.
A primeira en tomar parte da competición foi Begoña Garrido nos 400 metros, facendo un bo papel cun rexistro de 54.98 en semifinais, acercandose á súa mellor marca de 54.14.
Hoxe tomase parte o atleta da Sociedade Gimnastica de Pontevedra Jean Marie Okutu na proba de lonxitude, que parte cunha mellor desta tempada de 7,83 lograda a semana pasada en Burgos, evidenciando
estar en condicións de mellorar a súa mellora marca de sempre de 7,94 metros.
Como terceiro membro da expedición a RFEA nomeou como Xefe de equipo ao presidente da FGA Isidoro Hornillos Resultados