Excelente actuación da selección galega cadete: 13 medallas para Galicia! e un 4º e 5º posto por comunidades!

De novo a selección galega viaxou a Zaragoza a disputar o Campionato de España por seleccións, nesta ocasión tocáballes os rapaces da categoría cadete. Boa actuación en liñas xerais dos nosos atletas máis novos, logrando os homes o cuarto posto e as mulleres un quinto posto. A nivel individual destacada a participación de Iría Forján que logrou unha nova medalla de ouro nun Campionato de España, nesta ocasión valéronlle dous saltos para levarse a vitoria, o mellor deles en 5.55 preto da súa mellor marca da tempada. Outra atleta que rende a un nivel altísimo nas grandes competicións é Angela González, nesta ocasión na proba de 600 m.l entrou en meta en segundo lugar con marca persoal 1.38.83. Nos 300 valos marca persoal para os nosos representantes, Claudia Rojo medalla de prata con 45.64, mentres que Damian Picouto rebaixaba o seu rexistro deixándoo en 42.68. Os marchadores galegos continúan obtendo bos resultados a nivel nacional, proba diso foron Daniel Chamosa e Carmen Escariz que foron segundo e terceira respectivamente. Daniel, actual record galego de 5 km marcha en ruta fixo unha marca de 23.34.68 mentres que Carmen fixo marca persoal nos 3 km con 14.47.63. Así mesmo lograron subir ao podio en terceiro lugar, Gracia Rey en triplo salto volvendo a superar os 11 metros, 11.02 con vento en contra de -2.5, Eva Doporto en martelo con 42.68, Saleta Fernández en salto de altura con 1.58, Adrián Lago en 1000 m.l con 2.42.51, Francisco Rodríguez que este ano xa correu os 100 m.l en 11.22 fixo nesta ocasión 11.48 na final que lle valeu a medalla de bronce, e por último sensacional a carreira e a progresión de Carmen Martínez que lograba o terceiro posto nos 3000 m.l con mellor marca persoal 10.33.82 que é mínima para o Campionato de España. Outros atletas que renderon a un bo nivel foro Miguel González nos 3000 m.l nos que foi cuarto nunha carreira táctica, Ivan Manso nos 3000 obstáculos, Victor Pérez en martelo e Andrés Garcia en disco. Marca persoal para Pablo Loureiro nos 600 m.l con 1.28.32, nos 100 m.l Laura Chapela vencia na súa semifinal con 12.76 sendo descalificada na final. Destacamos tamén a boa actuación dos relevistas de 4 x 100 masculino que con 46.50 foron segundos. Nun mes, moitos destes atletas volverán competir en Castellón na cita máis importante do ano, o Campionato de España que se celebra os dias 30 de xuño e 1 de xullo Resultados

Compartir: