Copa de Europa de 10.000

Manuel Penas, actual Campión de España da distancia, formará parte da selección española que o domingo 3 de xuño disputará en Bilbao a Copa de Europa. Coa marca realizada en marzo, 28.17.69 e co obxectivo de pelexar entre os mellores, Lolo Penas disputará este campionato coa vista posta no Europeo de Helsinki que se celebrará a finais de xuño. A selección española integrada polo mencionado Penas, Carles Castillejo, Ayad Lamdassen, David Solis, Chema Martinez e Daniel Sanz terá como principais rivais a selección italiana e a portuguesa. España defende o titulo continental, puntuarán os 3 primeiros atletas de cada pais. Mais información

Compartir: