Convocatoria de Axudas para Atletas Galegos de Alto Nivel

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio da convocatoria de axudas a deportistas galegos/as de alto nivel, para a súa preparación deportiva e pola súa clasificación para os Xogos Olímpicos e Xogos Paralímpicos de Londres 2012. O prazo para a presentación de solicitudes remata o venres 8 de xuño de 2012.
As solicitudes unicamente se poden presentar de dúas formas:
– no rexistro da Fundación Deporte Galego, en Santiago de Compostela. (de 9:00 a 14:00 h).
– mediante correo certificado. Neste caso haberá que envíar por fax ou burofax (881 999 842), o mesmo día en que se entregue a documentación en Correos, unha copia do anexo 2.

Non se admitirán as solicitudes presentadas noutros rexistros distintos dos arriba mencionados.

Documentación a presentar:
– Anexo 2. Instancia de solicitude de axuda
– Anexo 3. Certificado da federación.
– Anexo 4. Declaración doutras axudas dos anos 2011 e 2012
– Anexo 5. Memoria 2011
– Anexo 6. Proxecto deportivo 2012 ou 2011/12
-Anexo 7. Ficha solicitude transferencia bancaria (NOVO FORMATO A UTILIZAR NESTA EDICIÓN DAS AXUDAS, A CUBRIR POLA ENTIDADE FINANCEIRA).
– Copia do DNI (ou marcar SÍ no anexo 2, apartado AUTORIZACIÓN COMPROBACIÓN DATOS)
– Certificados de estar ao corrente de obrigas con

a.1 Axencia Tributaria Estatal (AEAT)
a.2 Seguridade Social
a.3 Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

Este email é enviado a todos/as os/as DGAN e ás federacións deportivas galegas.
Esta conta de correo electrónico non admite respostas, para calquera dúbida deben contactar coa Fundación deporte galego.
Mais información en: (click Aquí)

Compartir: