GALICIA 4ª NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE COMBINADAS

O Estadio Antonio Domínguez de Arona (Tenerife) foi o escenario elixido pola RFEA para celebrar o Campionato de España de combinadas, de forma conxunta coa 2º Reunión Internacional de probas combinadas. Galicia baixo a batuta de Julio Ventín, presentaba unha selección formada por David Gómez, Santiago Ferrer, Pablo Fernández, Sandra Carballo, Alicia Merino e Sonia Becerro. Unha selección nova e un David Gómez perseguindo a mínima para o Europeo de Helsinki de finais de xuño que lle permita acceder aos que serían os seus terceiros Xogos Olímpicos. A competición desenvolveuse en dúas xornadas vespertinas que se iniciaban ás 15.00 da tarde.

Tras o desenvolvemento das cinco primeiras probas no decathlon absoluto David Gomez ía en segundo lugar superado exclusivamente polo atleta canario Jonay Jordan. O sábado vimos probas interesantes en especial a lonxitude na que David logrou a súa mellor marca da tempada 7.10, Santiago Ferrer 6.39 e na proba junior Pablo Fernández 6.16. No salto de altura David logrou saltar 1.88 e Santiago 1.79 non obstante Pablo non realizaba un bo concurso quedándose en 1.55 cando traia unha marca acreditada de 1.67. Outra das probas destacadas foron os 400 m.l nos que David Gómez sempre conseguiu resultados importantes, nesta ocasión logrou a vitoria con 50.48, Santiago Ferrer fixo a súa mellor marca da tempada 52.76 ao igual que Pablo Fernández 53.22. En canto o heptatlón mellor marca persoal de Sandra Carballo nos 100 valos con 15.66, na altura esta atleta e a júnior Alicia Merino lograron franquear o listo en 1.47 mentres Sonia Beceiro o facía en 1.41. Na lonxitude Alicia Merino quedou lonxe da súa marca persoal que é 5.24, logrando un mellor salto de 4.75. Nos 200 m.l o mellor rexistro das nosas atletas foi para Sandra Carballo con 27.06 mentres que no peso foi Sonia Becerro quen logrou o mellor lanzamento con 9.84
Ao comezo da xornada do domingo chegou a noticia preocupante para a expedición galega coa retirada de David Gómez, por diversas molestias optou por renunciar a seguir na competición e ser prudente de cara ás competicións que terá que afrontar en breve.

O resto de integrantes da selección continuaron intentando mellorar as súas marcas persoais nas probas que faltaban por disputarse. Valente Sandra Carballo nos 800 m.l detrás da primeira clasificada o que lle permitiu entrar segunda na serie cun tempo de 2.36.98. Bo concurso de pertega de Santi Ferrer que logrou unha marca de 4.40, o seu millor salto de esta tempada está en 4.50 logrados en Zaragoza fai unha semana.
As Comunidades de Andalucía, Valencia e Cataluña subiron ó podium sendo Galicia 4ª na clasificación conxunta homes e mulleres.

Compartir: