CAMPIONATO DE ESPAÑA POR SELECCIÓNS AUTONÓMICAS

Ana Peleteiro unha vez máis era a atleta máis destacada na selección galega xuvenil que disputou o Campionato de España en Zaragoza os dias 26 e 27 de maio. A triplista do Club Atletismo Barbanza, lograba a única vitoria da representación galega cun salto de 13.51, que seria novo record de España pero que o vento favorable de +2.5 invalidou. Non obstante contundente vitoria de Ana Peleteiro nunha marca similar á lograda en Cangas no transcurso do Campionato Galego xuvenil o 13 de maio. Nos 200 m.l carreira a carreira o atleta Mauro Triana aproxímase ao record galego da categoría, nesta ocasión logrou a medalla de prata cunha marca de 22.20
Outro dos atletas destacados en Zaragoza foi o lucense
Miguel Otero que corria as semifinais dos 110 metros valos en 14.13 entrando segundo na súa serie, posteriormente na final sería terceiro con marca persoal 14.11. Nas probas de lanzamentos bos resultados para os atletas galegos, Sergio Paredes foi terceiro no martelo logrando no último lanzamento unha marca de 58.92, mellor marca persoal para Pablo Castro que realizou un concurso excelente lanzando en tres dos seus lanzamentos 15.80-15.83 e 15.90. No lanzamento de disco Martin Liste e Ana Izquierdo foron cuartos con 45.35 e 34.73 respectivamente. Marta Lolo na proba de salto de lonxitude logrou con 5.25 o cuarto posto
Na proba dos cinco quilómetros marcha de novo Mar Chillón logrou un resultado importante sendo segunda moi preto da súa mellor marca, entrou en meta cun tempo de 25.00.13. Nas dúas probas de fondo, os 3000 m.l e os 5000 m.l medallas de bronce para Carmela Cardama con 10.27.47 e Nerea Ruanova con 19.25.99
A atleta Patricia
Carballo por problemas físicos, finalmente non puido competir na proba de 200 m.l a pesar do excepcional estado de forma que habia demostrado ata o momento, no seu lugar competiu Eugenia Gil que realizaría marca persoal con 26.88 na sua final. Outros atletas que renderon a un bo nivel logrando as súas mellores marcas da tempada foron Anxo Blanco en triplo salto con 13.74, Adolfo Sainz en altura con 1.83, Pedro Arias en 100 m.l con 11.48, Raquel Villa en peso con 12.65 e José González en 800 m.l con 1.58.72
No computo final as dúas seleccións galegas serían, a masculina sexta e a selección feminina oitava. O próximo fin de semana serán os atletas da categoría cadete os que neste mesmo escenario disputarán o Campionato de España por Seleccións
Autónomicas. Resultados

Compartir: