Resultados

Medallas ao Merito Deportivo de Galicia

O Paraninfo da Universidade dá Coruña acolleu na tarde do pasado xoves a cerimonia de entrega das distincións ao mérito deportivo de Galicia. Un emotivo acto con 39 protagonistas, figuras que rozan o mito na historia do deporte galego e entre as que se encontraban deportistas, entidades, organismos e profesionais doutros sectores que «estean a contribuír, ou contribuísen ao crecemento, promoción, fomento e excelencia do deporte e a educación física en Galicia.
Entre os 39 galardoados, o atletismo tivo unha ampla representación con seis representantes do noso deporte:
Isidoro Hornillos Baz: Atleta Olimpico, Presidente da Fed. Galega de Atletismo dende o 2007, tras ocupar o cargo de director técnico durante 15 anos. Membro da xunta de goberno da Real Fed. Española de Atletismo. Doutor en Educ. Física e profesor da Facultade de CC do Deporte e da Educ. Física (Universidade da Coruña). Diferentes publicacións no ámbito deportivo así como director do programa da TVG2, Citius Altius Fortius. Foi adestrador de atletas internacionais e preparador físico do Liceo Club Hockey
Maria Abel Dieguez: Participou nos Xogos olímpicos de Sidney´00 (30ª nos 10.000m) e Atenas´04 (27ª en maratón). Ten unha importante traxectoria en probas de fondo, participando nos Campionatos do Mundo do ano 1999 (14ª en 10.000m), 2001 (25ª en maratón) e 2003 (15ª en maratón).
Angeles Barreiro Rico: Participou nos Xogos olímpicos de Barcelona´92 (12º posición en lanzamento de disco). Internacional en 58 ocasións. Obtivo dúas medallas de prata e unha de bronce nos Xogos Iberoamericanos. Foi campioa de España es 11 ocasións. É a actual plusmarquista española
Maria Luisa Garcia Pena: 15 veces campioa de Epaña de atletismo. Internacional absoluta en atletismo, balonmán e hóckey herba. Recoñecida en 1967 como mellor deportista española.
Gregorio Pérez Rivera: TÍTULO PÓSTUMO. Fundou a Federación lucense de atletismo no ano 1958. Pioneiro no impulso do atletismo lucense, creando unha escola de lanzadores de gran relevancia no ámbito nacional, destacando atletas como Tallón, Martínez, Cabanas, Torrón, Almudí, Díaz e Rodríguez Santos.
Jose Manuel Rodriguez Díaz: Coñecido por “Palelas”. Especialista en mediofondo en activo nas décadas do 50 e 60. Primeiro atleta da provincia de Lugo que formou parte dunha selección española. Un dos primeiros deportistas galegos en adestrar na residencia Blume en Madrid. Foi presidente da Federación lucense de atletismo ata a súa desaparición, pasando a ser delegado en Lugo e vicepresidente da Federación galega de altetismo ata o ano 2007. Colaborador do Deporte escolar dende 1978 ata 2007.

Compartir: