Galicia acada un meritorio 3� posto nos Xogos do Cant�brico

A selección galega desprazouse o venres 11 de maio a Getxo (Bizcaia) a participar nos IV Xogos do Cantábrico cunha selección integrada na súa maioría por atletas juniors e promesas, en moitos casos debutantes. Galicia se enfrentaría a seleccións fortes como son as seleccións do Pais Vasco, Asturias e Cantabria. Unha boa oportunidade para os atletas máis novos para competir en probas de nivel. A xornada comenzou da mellor forma posible coa victoria de Pablo Denis en martelo con 61.31. Na mesma proba Carlos Revuelta foi cuarto con 51.94. As seguintes probas en disputarse foron a pértiga femenina, a lonxitude masculina e os 400m.v. Paula Martin e Inés Martínez foron 3ª e 4ª con 2,80 e 2.70, respectivamente. Xa na lonxitude, Iván Rodriguez con un mellor salto de 6.70 e David Ferrer acadaron a 6ª e 8ª posición. A segunda victoria da expedición chegaría de mans de Carlos Moro nos 400 valados con un tempo de 54.1.que se aproxima a marca acadada o ano pasado en Xativa, Pablo Lourido foi 7º con 57.2 que supon mellor marca da tempada. Na mesma proba Alba Fernández foi 2ª con un bon rexistro de 1.03.6 que é a su mellor marca e Olalla Cortizas 7ª con 1.06.5 que tamen supon mellor marca para ela.

No martelo feminino, boa actuación de Noelia Ferradanes acadando a terceira posición con un mellor lanzamento de 45.90. Laura Graña con 40.69 foi 7ª. En duas carreiras tácticas, Leticia Fernández foi 2ª melloraron a sua marca personal deixandoa en 2.10.9. e a piques de lograr a victoria, con esta marca Leticia situase nos primeiros postos do ranking nacional promesa, Fran Diaz con 1.54.4, Carlos Porto con 1.55.8 e Yuliana Velasquez con 2.19.1 completaron unha boa actuación, sendo Fran Díaz 5º e Carlos e Yuliana 7º. No peso Aaron Soto e Santi Ferrer maila ser 7º e 8º melloraron as suas marcas de tempada (12.34 e 11.57)

Carlos Moro completou unha moi boa actuación coa selección sendo terceiro nos 200 m.l con 22.4 o igual que Paula Ferreirós que fixo 25.8, nesta mesma distancia, Olalla Cortizas e Iván Rodriguez, os dous doblando probas acadaron a 8ª posición. Na lonxitude feminina, as nosas representantes foron 4ª e 7ª, con un mellor salto de 5.24 para Alicia Merino e de 5.07 de Paula Martin. Tamén en duas probas tácticas, as probas de 5000 metros permitiron ver a calidade de Solange Pereira, sendo 2ª con 16.46.1 e a unha competitiva Esther Navarrete entrar na 4ª posición con 17.26.4. Nos homes Santiago Garcia foi 6º con 15.19.0 e Manu Martínez 8º con 16.02.0. Completaron a actuación galega, Sara Arosa e Laura Graña, 6ª e 8ª, en disco con un mellor lanzamento de 29.38 e 25.89 respectivamente. Uns relevos moi disputados confirmaron a boa actuación da xoven selección que maila ocupar a 4ª posición nos relevos 4×400 loitaron atá o ultimo metro.

Galicia lograba o terceiro posto na clasificación conxunta cunha selección nova que logrou marcas importantes de cara aos Campionatos Galegos e de España que se celebrarán no mes de xuño e xullo. (Resultados)

Compartir: