Resultados

A FGA convida a tódolos técnicos á presentación do libro

Mañá xoves terá lugar na Sala Ámbito Cultural de El Corte Inglés de Marineda City (A Coruña) a presentación do libro feito polo secretario desta federación o profesor Víctor Arufe. O acto terá lugar ás 18:00 horas e será presentado por Isidoro Hornillos, presidente da FGA e profesor da UDC. O libro e de especial interés para os técnicos deportivos que traballen en escolas deportivas con cativos, así como docentes de Educación Física, estudiantes de Ciencias do Deporte, Educación Infantil, ou pais de nenos deportistas. A obra aborda a través de preto de 300 follas a iniciación deportiva prestando especial atención ás causas de abandono deportivo, a estructura político deportiva en idade escolar das distintas comunidades autónomas e facendo un análisis crítico dos distintos factores que poden perxudicar a permanencia dos nenos no deporte. Asemade, na súa segunda parte, a obra ofrece ao lector máis de 100 propostas para traballar con nenos de 3 a 7 anos, outorgando un enfoque multidisciplar e traballando o desarrollo integral do neno, evitando así a especialización nun xesto técnico ou nunha modalidade deportiva. O libro conta cun prólogo elaborado por D. Ricardo Leiva- Director de Deportes do Comité Olímpico Español-. A obra porase á venta en todas as librerías de Galicia, El Corte Inglés e a través da web da editorial www.sportis.es (mais información sobre a obra)

Compartir: