Resultados

Pontevedra acolle mañá o XXXIX Trofeo Boa Vila de Atletismo

As pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva volven a acoller un ano máis un clásico do atletismo galego. O Trofe Boa Vila, organizado pola Sociedade Gimnástica de Pontevedra congregará a mais de 100 atletas galegos as 18 probas que recolle o seu regulamento. O evento conta ca colaboración de Supermercados Froiz entre outras institucións. (Regulamento)

Compartir: