O sábado 5 de maio terá lugar na localidade de Arca – O Pedrouzo, a 3 km do aeroporto de Santiago, a IX edición da carreira pedestre do Concello de O Pino, unha proba que con 8 edicións celebradas xa pasa a formar parte da tradición atlética galega de carreiras
populares. Por esta proba xa pasaron os mellores atletas galegos caso do arzúan Lolo Penas vencedor en 7 edicións; nomes como os de Pedro Nimo, Hassan Lekhili, Robertas Geralavicius, Rocío
Rodríguez, María Jesús Gestido, María Abel Dieguez, Paula Mayobre ou a internacional Marisa Barros, forman parte do palmarés dunha proba caracterizada polo seu atractivo circuito que mistura terra
e asfalto cruzando un tramo do camiño santiagués.
As inscricións das probas escolares poderanas remitir ó correo electrónico inscricionsFGAsantiago@gmail.com; as probas de adultos e a tradicional proba de canicross poderán facelas a través da web
www.turesultado.es
Regulamento