Noel Fernández Vence na Big d Texas Marathon

Sensacional noticia a que nos chega dende Estados Unidos. Noel Férnández, atleta do Marineda Atlético, proclamouse o domingo 15 de abril vencedor do BIG D TEXAS MARATHON. Noel, que dende hai case un mes e por motivos laborais reside no estado de Texas fixo unha carreira para enmarcar, sen desfalecer na segunda metade da proba, como adoita pasar na maioría de ocasións. Marcou un tempo de 1 h 19 min 24 s ao paso pola media maratón e finalizou a proba en 2 h 38 min 26 s entrando en meta cunha superioridade apisoante sobre o resto dos seus rivais (o segundo clasificado entrou a máis de 17 minutos).
Hai que destacar que Noel aínda está adaptándose á súa nova vida e polo momento á espera de de obter unha vivenda fixa, reside polo momento nun hotel. Saca algo de tempo despois da súa xornada laboral para poder adestrar nun lugar onde as condicións climatolóxicas, calor e ambiente seco, son totalmente distintas á climatoloxía que hai en Galicia. Este feito fai fai que a vitoria do atleta do Marineda Atlético sexa máis meritoria. Resultados

Compartir: