Concentracion nacional de lanzamentos no Ceard de León

A RFEA., convocou dúas concentracións simultáneas entre os días 8 ao 14 de abril, unha para os atletas Júnior con opcións de estar no Mundial de Barcelona, e outra para os que vaia aos Xogos Olímpicos de Londres, o Campionato de Europa e o Iberoamericano.
Todos os atletas estaban convocados xunto co seu adestrador persoal; así Belén Toimil Fernández, con mínima mundialista xa na proba de peso (15,14m.), acudiu á cita co seu adestrador Javier López Viñas, que garante que tamén conseguirá a mínima en disco, pois está a só 13 cm., dos 47,50m., esixidos.
Viñas tamén participou na convocatoria dos lanzadores de xavelina Gustavo Dacal, Carmen Sánchez e Jesús Crossa. Este último acaba de quedar Campeón Nacional de Inverno con marca persoal, experimentando unha rápida melloría dende que reside e adestra en Pontevedra.
Todos eles manifestaron ter vivido unha semana moi completa e produtiva no Centro Nacional de Lanzamentos por excelencia como o é o CEARD., de León, seguindo o plan de traballo elaborado por Viñas e confian ser os candidatos que o responsable Nacional de Lanzamentos Carlos Burón, propoña para formar parte do equipo que representará a España esta tempada nos compromisos Internacionais. http://pontevedrathrowers.wordpress.com/

Compartir: