Resultados

Publicada a nova lei do Deporte Galego

A norma foi aprobada polo Parlamento de Galicia na súa sesión plenaria do pasado 27 de marzo, substitúe a Lei do 97, que é así derrogada, e ven a acompasar as previsións legais do deporte galego á súa realidade e actuais necesidades, asentado tamén as bases para o seu futuro desenvolvemento. Consta de IX Títulos onde se abordan aspectos como as competencias das Administracións públicas, os suxeitos da actividade deportiva, a xurisdición deportiva, a protección da saúde dos deportistas e a loita contra a dopaxe, ou a loita contra a violencia e as condutas contrarias á boa orde deportiva. Prevé un prazo dun ano para a adaptación das entidades deportivas galegas as súas previsións.(Lei do Deporte Galego)

Compartir: