Resultados

Pedro Nimo ao Maratón de París

LigazónO primeiro paso para estar nos Xogos Olímpicos de Londres deuno Pedro Nimo ao cruzar a Porta de Brandemburgo en Berlin cun tempo de 2.13.34, o segundo e definitivo vaino situar na línea de saída do Maratón de Paris o domingo dia 15 na Avenida dos Campos Eliseos. A 36 edición deste maratón, considerado entre os cinco mellores do mundo contará coa presenza de 40.000 deportistas, entre eles un bo numero de africanos con marca por debaixo de 2.07. Pedro Nimo ten claro que o esforzo xa está feito e para perseguir o “sono olímpico” contará con Lolo Penas que nun demostradisimo bo estado de forma intentará marcarlle o ritmo “ata onde poida levarme”. O obxectivo é pasar a media maratón en 1.05.30 e “ir adaptándome á carreira e circunstancias desta”. A meta, situada a escasos metros do Arco do Triunfo, e o pasaporte para Londres serán os premios que o atleta compostelán leva perseguindo dende hai meses, demostrando en diferentes probas de asfalto e campo a través que se encontra nun momento inmellorable de forma.

Compartir: