O bo traballo levado a cabo polo Sector de Marcha en Galicia vense demostrando dende o inicio da tempada. A principios de marzo en Pontevedra no Campionato de España de Federacións autonómicas quedou reflectido que nas diferentes categorías Galicia conta con atletas xa consagrados e cun importante grupo de atletas novos que destacan a nivel nacional. Estes días baixo a dirección de Santiago Pérez, adestradores e atletas reuníronse unha vez máis para continuar traballando na localidade de Sanxenxo. Ao longo de catro días en xornadas de mañá e tarde realizáronse diferentes sesións nas que participaron atletas das categorías infantil, cadete, xuvenil e júnior. Destacamos o bo ambiente e en especial o interese por aprender e aportar por parte de todos os integrantes da concentración.