O Concello da Coruña doará un euro por
cada inscrito no único maratón homologado de Galicia, que se celebrará a próxima semana e no que participarán máis de 1.200 atletas.
O concelleiro de Educación, Deportes e Xuventude, Francisco Mourelo, anunciou que a doazón será destinada á entidade benéfica Fogar de Sor Eusebia, que o pasado mes de novembro cumpriu 25 anos de
servizo social na cidade galega e que na actualidade conta con 400 socios e atende a preto de 60 persoas sen fogar e enfermos sen recursos.
Á espera do peche definitivo de inscricións (o prazo para apuntarse finaliza mañá domingo), o responsable municipal de deportes destacou o grande interese que espertou a carreira, que se disputará
o próximo 15 de abril polas rúas da Coruña, con xa máis de 1.200 participantes asegurados. O Concello informou tamén de que está aberto unha conta para que, a maiores do euro das inscricións, todas
as persoas que o desexen poidan colaborar co Fogar de Sor Eusebia.
Todas as persoas que queiran participar poden realizar as súas doazóns na conta da Federación Galega de Atletismo: 21001453210200219859 co concepto Fila 0 A Coruña42.