LigazónO maratón A Coruña42, o primeiro homologado de Galicia e cuxas marcas serán válidas para a clasificación para os Xogos
Olímpicos de Londres (ademais de constituírse en Campionato Galego da distancia), rexistra xa máis de 1.200 atletas inscritos, procedentes dunha decena de países. Ademais de España, haberá
participantes de Alemaña, Brasil, Gran Bretaña, Etiopía, Francia, Italia, Marrocos e Portugal.
Destacan entre eles, os tres atletas de Etiopía: Hagos Etebrehan, Kassie Senait Adugnaw e Tesfay Akebom Hadush. A proba, organizada pola Federación Galega de Atletismo e o Concello da Coruña,
acolle na súa primeira edición unha competición paralela aberta aos atletas populares cunha distancia de dez quilómetros, e que comezará media hora despois do maratón.
«Dende a concellaría de deportes, queremos implicar a toda a cidadanía no desenvolvemento deste maratón. Por este motivo, tamén será unha xornada dirixida aos espectadores, cunha oferta de
actividades lúdicas para que público anime os participantes da proba e goce ao máximo desta gran cita», apuntou o concelleiro de Educación, Deportes e Xuventude do concello da Coruña, Francisco
Mourelo.
Nas instalacións da Casa da Auga celebrarase «Exporrunning A Coruña42», unha feira na que se darán cita as grandes marcas deportivas e tamén se celebrarán charlas formativas dirixidas aos atletas
organizados pola Federación Galega de Atletismo.