Resultados

Doblete de Lolo Penas nos nacionais de 10.000 metros

O galego Manuel Ángel Penas (Otsu Colibri Guadalajara) con 29:26 proclamáronse campeon de España de 10 km en ruta na proba celebrada esta tarde no Grao de Castelló, coincidindo coa V edición dos 10 km Costa Azar Gran Premio BP Grao de Castelló. A proba masculina dirimiuse ao sprint onde Penas (gañando o seu segundo título en menos dunha semana) se impuxo ao marroquí El Hassan Oubaddi por un segundo, sendo terceiro Iván Galán, Penas, que confirmou que atravesa un extraordinario momento de forma, cualificou de «cómoda» a súa carreira. «Tiña previsto tirar para evitar calquera complicación e así fíxeno durante toda a carreira, ata que faltando 300 metros decidín pegar un cambio para irme e gañar,».
A de onte foi a penúltima comparecencia do atleta coruñés na estrada esta tempada. O próximo 15 de abril cumprirá co seu compromiso como lebre de Pedro Nimo no maratón de París, pero o luns xa se centrará na pista. Lolo Penas quere chegar no mellor punto de forma posible tanto á Copa de Europa de 10.000 coma ao Europeo de Helsinki. «Agora vou centrarme na pista, quero facer un bo ano ao aire libre», sentenza.
E mellor non lle puido ir a tempada invernal. Dous títulos nacionais e a confianza necesaria para escribir o seu mellor ano como atleta. A plenitude chégalle na madureza

Tamán o atleta da Universidade de Santiago, Xosé Otero Cepeda se proclamo campión na categoria M60 cun registrro de 35.21 Resultados

Compartir: