Resultados

Manuel Penas: Campión de España de 10.000 metros

Ultima hora: Manuel Ángel Penas (Otsu-Colibri Guadalajara) con 28:17.69 e a alacantina Gema Barrachina (Valencia Terra i Marzo) con 32:08.54, proclamáronse campións de España de 10.000 metros na proba disputada este sábado en Lisboa conxuntamente co Trofeo Ibérico

Lolo conseguiu o maior éxito da súa xa dilatada carreira deportiva. Foi en Lisboa, no Campionato Ibérico de 10.000 metros, onde se disputaba tamén o nacional da especialidade e onde estaba Jesús España como principal favorito. Pero o coruñés tivo un excelente último quilómetro que o levou a dar caza ao favorito e a superalo cun cambio de ritmo infernal a falta de 450 metros. Lolo marcou un tempo de 28 minutos e 17 segundos, marca que lle serve como mínima para o Campionato de Europa de Helsinki do próximo mes de xuño, que á súa vez podería abrirlle as portas dos Xogos de Londres.

Tambien tomo parte do nacional de 10000 a galega Erea Rodriguez Puente relizando un rexistro de 36.25.24. . Prensa

Compartir: